Thursday 02 de May de 2024

Corenta maiores do noso municipio fan unha excursión ambiental á Illa de Sálvora


Un grupo de corenta persoas maiores do noso municipio pertencentes tiveron ocasión de participar esta mañá nunha viaxe ambiental a Sálvora organizada polo GALP Ría de Arousa coa colaboración do Concello de Riveira.

Este grupo pertence ao alumnado dos curso de Memoria, Reforzo Educativo, e Lingua e Cultural Galegas organizados por Servizos Sociais de Riveira .

O concelleiro de Educación e Xuventude, David Fernández, e a xerente do GALP, Rosa Carballo, participaron nesta iniciativa que tivo por obxectivo achegar aos veciños un dos lugares con maior importancia ambiental do noso municipio.